logo
Nome do centro
banner da universidade

Servizos

Guías Docentes


Guías Docentes 2014-2015
Grao en Dereito - (G081 Plan 2014) Información | Competencias | Materias | Acceso | Estructura
Grao en Dereito - (G080 Plan 2010) Información | Competencias | Materias | Acceso | Estructura | Movilidade
Mestrado Universitario en Avogacía Información | Competencias | Materias
Mestrado Universitario en Información Técnica do Medicamento Información | Competencias | Materias

Consulta de Expediente Académico


Acceso á Secretaría Virtual da Universidade de Vigo.

Carnet Universitario


O Carnet Universitario é unha tarxeta intelixente realizada en colaboración co Banco Santander, que acredita ao estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos coma membros da comunidade universitaria.

O Carnet Universitario é a identificación da Universidade de Vigo, e poderá solicitarse a calquera hora nas Oficinas Universitarias Santander do campus, e non será necesario renovalo cada ano. Ademáis, poderá dispoñer de servizos financeiros 4B Maestro, se se solicitan voluntariamente.

¿Para qué se pode utilizar?

  • O Carnet Universitario da acceso ás instalacións deportivas. Permite identificar se eres usuario das instalacións e outorga a posibilidade de pagar con él os cursos, as actividades deportivas e o aluguer das instalacións.
  • Permite solicitar libros na biblioteca do teu centro, dun xeito rápido e sinxelo.
  • Se require a súa utilización nos servizos que o teñan establecido, actualmente para acceder a ordenadores e aos recintos do campus.
  • Permite o pago de pequenos importes (ata 150 euros) en todas as dependencias onde exista un terminal de pago: deportes, cafeterías, comedores universitarios e reprografías.
  • Implantaranse puntos de información, a través dos cales terá acceso á consulta de notas, de datos de matrícula, de expediente, de materias matriculadas e de datos persoais, permitirán a emisión do resguardo de validez do Carnet Universitario, poderanse actualizar os datos da tarxeta, o pago das tasas, consulta do saldo e movementos do monedeiro e información xeral.

A tarxeta deberá chegar no prazo de aproximadamente 20 días dende a súa solicitude, ou 10 se a solicitude estivo motivada polo extravío da mesma. Para consultar a situación do teu Carnet Universitario: tarjetauniversitaria@gruposantander.com

OFICINA UNIVERSITARIA SANTANDER - CAMPUS DE OURENSE
Edificio Pavillón Asociacións | Teléfono 988 231 443

Máis Información

Tribunal de Garantías


O Tribunal de Garantías é o comisionado do claustro da UVIGO encargado de velar polos dereitos de todos os membros da comunidade universitaria. A súa principal función é a supervisión da actividade administrativa, aínda que tamén pode exercer de mediador cando se lle solicite.

Para a tramitación de queixas e reclamacións

O procedimento pode iniciarse de oficio ou a instancia de parte tanto de persoas individuais coma por un colectivo.

Neste segundo caso, deberá formularse por escrito a queixa ou reclamación no prazo de 2 meses dende que se tivera coñecemento do motivo que suscite a queixa ou reclamación. Na reclamación ou queixa han de constar as xestións realizadas previamente ante a administración universitaria e aportar a documentación necesaria para a tramitación da queixa ou reclamación, así coma os datos personais de quen/es interpoñan a queixa ou reclamación, nº DNI e domicilio a efectos de notificación. Este escrito deberá dirixirse ao presidente do tribunal e presentarse no rexistro da sede do tribunal ou en calquera dos rexistros da universidade (no caso de Ourense na unidade administrativa).

No prazo de 15 días contestará motivadamente se procede admitir ou non a trámite a queixa ou reclamación. Todos os órganos de goberno e membros da comunidade universitaria teñen a obriga de colaborar na labor do tribunal de garantías, non pudiéndolle ser denegado o acceso a ningún expediente ou documento que precise.

Respecto á súa labor de mediación e conciliación

Ten que iniciarse por un escrito no que se expoñan claramente os motivos e o alcance da pretensión, así coma os nomes dos solicitantes ou o colectivo universitario.

Nos 7 días seguintes á recepción, o presidente dará traslado a todos os implicados e recabará unha contestación escrita pola que se acepte ou non someterse á mediación. Se o tribunal non recibise contestación negativa entenderáse que a mediación foi aceptada.

Aceptada a mediación, o tribunal de garantías poderá realizar actuacións ou investigacións tendentes á solución do desacordo.

Aos sectores impricados en 15 días dende a aceptación da mediación lles serás solicitado que presenten un escrito no que formulen as súas pretensións e o acompañen dos documentos nos que éstas se basen.

Transcorrido o prazo de 15 días, convocaráse ás partes a unha sesión conxunta na que se intentará a mediación, as conclusións resultantes da mesma serán recollidas nunha acta e terá carácter vinculante.

Regulamento do Tribunal de Garantías.

Más Información

Formulario de Queixas e Suxestións


Dende o Formulario de Contacto podedes enviarnos as vosas queixas ou suxestións.

Accede ao Formulario de Contacto

Facultade de Dereito | Campus Universitario | C.P. 32004 Ourense | España | Tel. +34 988 368 809 | dafdo@uvigo.es