logo
Nome do centro
banner da universidade

Delegación de Alumnos da Facultade de Dereito

DAFDO Ourense

Obxectivos


A delegación de alumnos (DAFDO) é un órgano dependente da Facultade de Dereito de Ourense que ten coma obxectivos entre outros, tal e como se expón nas súas regras de réxime interno, os seguintes:

  • A colaboración e o asesoramento do alumnado na defensa dos seus dereitos e intereses.
  • A organización de actividades culturais, formativas, deportivas e de ocio destinadas ao alumnado.
  • A promoción de iniciativas coa fin de asegurar a participación activa dos estudantes na vida universitaria.
  • A colaboración coa facultade, así coma con outras institucións no relacionado coa educación e formación.
  • A colaboración con entidades e asociacións universitarias para fomentar a interrelación dos universitarios de distintos centros e para crear vínculos de comunicación.
  • A promoción do entendimento e cooperación entre os estudantes para levar a cabo accións comúns.

Son órganos da Delegación, a Asamblea Xeral de membros e a Xunta de Goberno, que serán sempre colexiados.

Facultade de Dereito | Campus Universitario | C.P. 32004 Ourense | España | Tel. +34 988 368 809 | dafdo@uvigo.es