logo
Nome do centro
banner da universidade

Actividades

Casoacoso


A Delegación de Alumnos, como ente que ten por finalidade a representación do estudantado, entende que se ben o seu obxectivo fundamental consiste en atender ás inquedanzas dos estudantado, sendo ésta a súa razón de ser, o seu labor non remata intra muros da Facultade, senon que busca ser un medio activo a través do cal canalizar ditas inquedanzas e transformalas en iniciativas do maior calado posible na sociedade.

En consoancia co anterior, e facéndose eco da crecente alarma social en torno ao acoso escolar, tema que, por desgracia, cada vez está máis presente e afecta a máis e máis estudantes, especialmente nas etapas de educación obrigatoria, cando éstes son máis vulnerables por razón da súa idade, propón esta iniciativa a fin de poder aportar o seu grao de arena nunha loita que, en opinión da Delegación, debe pasar irremediablemente por facer visible e por sensibilizar sobre un problema que, en moitos casos, considerase nimio e que non recibe unha atención correlativa á importancia que presenta.

Aínda que o acoso escolar é un fenómeno que pode afectar nas distintas etapas educativas, xa que son numerosos os casos rexistrados tanto no ensino primario como no secundario, tendo en conta que os recursos dos que dispón a Delegación, tanto humanos como materiais, son limitados, e tendo en conta que, como membros dunha Facultade de Dereito, a actividade debe estar enfocada, senón directamente, polo menos sí indirectamente, a un punto de vista xurídico, para o cal requierese certa capacidade a fin de que a mesma sexa eficaz para o público ao que está dirixida, pensouse en centrala en alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria, en concreto dos cursos Terceiro e Cuarto, xa que son éstes, pola súa idade, maiores de catorce anos, quenes deben prestar especial atención ás posibles consecuencias penais que eventualmente poden ocasionar os actos de acoso escolar.

A actividade vai xirar en torno a dúas ideas:

  • A primeira, a de depositar un buzón nos institutos que decidan colaborar, co propósito de que, os alumnos, de forma anónima, podan contar os casos de acoso escolar, ben por estar sufríndoos, ben por ter coñecemento dos mesmos como espectadores ou terceiros, e incluso como acosadores, xa que o quid radica en publicar esas historias en redes sociais para darlles a máxima difusión non só entre os estudantes senon entre o público en xeral, aínda que evidentemente tratando de que chegue primordialmente a un público xoven para tratar así de sensibilizar e facer ver as consecuencias do acoso entre quenes están máis a risco de sufrir as súas consecuencias.
  • A segunda idea da actividade consiste en organizar unahs Xornadas na Facultade nas que a Delegación, o día 4 de maio de 2017 (Día contra o Acoso Escolar según distintas Asociacións),contará con expertos que podan arroxar luz sobre o tema, informando sobre cifras e a relevancia penal en que poden derivar os actos de acoso escolar.

Acto de Graduación


A Delegación de Alumnos da facultade de dereito participa activamente na organización e desenvolvemento do acto de graduación dos alumnos de último curso. Trátase dun acto que ten configurado coma un rito de paso para os Graduados en Dereito, no que se conta coa presencia dos alumnos e os seus familiares, así coma das autoridades académicas.

IV Promoción Grao en Dereito (2012-2016)

O acto académico de graduación da IV Promoción do Grao en Dereito celebraráse o día 10 de xuño de 2016.


Taller de Simulación de Xuízos


O taller plantexase como unha actividade de achegamento do alumnado á realidade xurídica profesional.

Divídese en dous bloques: O primeiro deles abrangue a explicación e preparación dos supostos de feito, na que o grupo de alumnos están asesorados polo profesor específico de cada materia e, o segundo onde se realizan as vistas orais, a simulación de xuízos propiamente dita, no edificio xudicial de Ourense, supervisados por membros do Poder Xudicial.

Díptico informativo


Curso de Inglés Xurídico


Curso organizado pola delegación de Alumnos no que se pretende desenvolver conceptos básicos do idioma referentes ao campo do dereito.

Neste curso terán preferencia os alumnos dos últimos anos do grao, ven de realizarse a finais do segundo cuadrimestre e ten unha duración aproximada de 10 horas.

Para este curso haberá un total de 20 prazas establecidas por orde de inscrición, tendo preferencia aqueles matriculados no TFG e aqueles que non disfrutaran do curso en edicións anteriores.


Xornadas de Salidas Profesionais


Ciclo de xornadas no que se trata de dar a coñecer aos alumnos pertencentes ao Grado en Dereito as posibilidades das que dispoñen ao rematar os seus estudos. Cóntase coa participación de especialistas de diversos ámbitos relacionados có dereito, reflexando a diversidade de opcións que ten o alumno.

Constarán dunha primeira exposición teórica sobre a xeneralidade de saídas profesionais con entrega dun dossier informativo, unha segunda mesa redonda con diversos profesionais de postos e cargos vencellados có Dereito menos coñecidos polo alumnado, encargados de expor o seu día a día e, por último, un terceiro turno de preguntas por parte do alumnado que estime do seu interese.


Gala San Raimundo de Peñafort


Acto de celebración do patrón da Facultade de Dereito de Ourense, San Raimundo de Peñafort, no el que DAFDO busca a unión da misma premiando aos seus profesores e alumnos polos súas cualidades personais, profesionais e académicas.

Neste curso 2015/2016, o acto de entrega de premios pola Delegación de Alumnos da Facultade de Dereito de Ourense celebraráse o vindeiro venres 19 de febreiro, ás 19:00 horas, na aula magna Marie Curie do Edificio Politécnico.

Parabéns aos futuros premiados.


Facultade de Dereito | Campus Universitario | C.P. 32004 Ourense | España | Tel. +34 988 368 809 | dafdo@uvigo.es